Manuel Teira convidou a entrar na súa poesía introspectiva coa presentación na Pobra de Cadernos da desmemoria

09 Novembro 2024

Cincuenta poemas para reflexionar sobre a vida e a existencia a través dunha linguaxe rica e complexa. Elaboradas composicións en verso que son exemplo dunha poesía introspectiva. Manuel Teira aborda en Cadernos da desmemoria a nostalxia, o desarraigamento, a perda, a busca do eu, o labirinto…
“A arte é unha versátil e poderosa ferramenta para amosar a nosa visión da realidade. E aquí temos como exemplo a Manuel Teira, un recoñecido artista que tamén explora a literatura. Esculpe figuras en rochas, dota de cor ao lenzo e tamén grava palabras en papel. Neste Cadernos da desmemoria convídanos a entrar, en certa maneira, na súa memoria, que tamén se pode interpretar como a memoria colectiva, para emprender unha viaxe polos sentimentos e polo sentido” declarou o alcalde da Pobra do Caramiñal, José Carlos Vidal, durante o acto de presentación que tivo lugar na tarde deste venres 8 no teatro cine Elma. Alí acompañou ao escritor, quen tamén estivo arroupado pola vicepresidenta da A. C. Barbantia, Isabel Santos, e o vogal desta entidade, Manuel Cartea. E o toque musical correu a cargo da Escola de Música da Pobra.
Na súa intervención, o rexedor gabou a traxectoria de Teira e felicitouno pola súa participación activa na vida cultural da Pobra, pois “nos últimos anos estivo presente no Olladas na rúa, creou a ilustración do 3º Ciclo
Victoriano García Martí, elaborou a escultura pola memoria histórica que loce nos Xardíns de Valle-Inclán e expuxo na casa da cultura unha serie de ilustracións inspiradas nos libros Iluminacións e Unha tempada no inferno, de Arthur Rimbaud; algunhas das cales figuran no volume impreso que compila ámbolos traballos poéticos con tradución e notas a cargo de Manuel Cartea e prólogo de Xesús Laíño. Desfrutamos do seu talento na escultura, na pintura, e toca facelo tamén na literatura.”

C.P.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.