Lousame pon en marcha a campaña “Quérenme ben” de sensibilización contra a violencia de xénero

13 Novembro 2024

O Concello de Lousame, en colaboración co CPI Plurilingüe Cernadas de Castro, vai desenvolver a campaña de sensibilización Quérenme ben, financiada con cargo ao Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero e o Ministerio de Igualdade. Unha iniciativa que foi presentada este 13 de novembro pola concelleira de Igualdade, Silvia Agrafojo, que explicou que a campaña “está dirixida a sensibilizar á poboación en xeral da importancia da prevención da violencia de xénero a través do bo trato e o respecto entre iguais”.

Explicou tamén que Quérenme ben baséase na tradición de esfollar unha margarida con vistas a facilitarmos o camiño dunha decisión: “Preténdese poñer de manifesto as diferenzas entre as relacións sans e as relacións tóxicas, etiquetadas cada unha delas co cancelo #querenmeben ou #nonmequeren”.

Haberá dous xeitos de participar a través das redes sociais: compartir nelas a publicación que o Concello de Lousame faga da campaña Quérenme ben ou compartir unha frase relacionada coa campaña cos cancelos #querenmeben ou #nonmequeren e etiquetando ao Concello de Lousame en Facebook (concello.delousame), Instagram (@somosLousame) ou X (@SomosLousame).

En caso de non dispoñer de redes sociais, o Departamento de Igualdade de Lousame dá tamén a opción de enviar a frase por WhatsApp ao 689 126 385, indicando o nome e apelidos de quen a envía ou ao grupo ao que representa.

O concurso está aberto a toda a veciñanza e pódese participar de xeito individual ou grupal (aulas, entidades, asociacións…). O prazo para enviar frases remata o 29 de novembro. Ao finalizar a campaña sortearanse 1 vale por unha cea para dúas persoas para quen participe compartindo a campaña, 1 vale por unha cea para catro persoas para quen participe de xeito individual compartindo a súa frase e 1 vale de material deportivo entre os grupos.

Xardín diante da casa consistorial

Silvia Agrafojo explicou tamén que “o propio luns 25 de novembro organizaremos un acto conmemorativo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller onde, ademais da lectura do manifesto institucional, contaremos cos nenos e nenas do CPI Cernadas de Castro que converterán a praza Teodomiro Hidalgo nun xardín coas súas margaridas e frases contra a violencia machista”.

Os primeiros en participar na iniciativa foron os integrantes da Mesa Interinstitucional contra a Violencia de Xénero, celebrada o pasado venres. Mensaxes como:

– Quérenme ben… cando me escoita con respecto aínda que non pense o mesmo ca min; cando me sorrín; cando me acompañan e respectan no meu día; se me sinto dona de min mesma e das miñas decisións

– Non me queren ben… cando me xulgan sen saber e non me respectan; os que me xulgan sen escoitarme; cando me cargan coas tarefas da casa sen reparto equitativo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hay cardenales que no creen en Dios” – Manuel Domínguez

“Hay cardenales que no creen en Dios” – Manuel Domínguez

Hay cardenales que no creen en Dios. Pero antes de empezar con el tema diré que ya se realizó el primer milagro de Francisco. Alguien puede decirme como 140 señores de promedio 75 años pueden aguantar 5 horas sentados al sol sin hacer 3,14 - 3,14, es decir pipi. Vamos...

“Papa Francisco” – Manuel Domínguez

“Papa Francisco” – Manuel Domínguez

La caridad cristiana, empieza en la propia familia. Hace años escribí al papa intercediendo por dos obreros que habían sido enviados al paro en una Catedral de Lugo, creo recordar Me respondieron ampliamente que el Vaticano no interfiere la gestión de las iglesias. Lo...