Inaugurado o obradoiro cultural de cociña en Muros con preto de 100 persoas inscritas

06 Novembro 2024

O Concello de Muros inaugurou este martes 5 de novembro unha nova edición do seu obradoiro cultural de cociña, que este ano reúne preto de 100 persoas inscritas, distribuídas en oito quendas: catro sesións os martes e outras catro os mércores, para facilitar a participación e o aproveitamento de todas as persoas asistentes.

No acto inaugural participou a concelleira de Cultura, Caridad González Cerviño, quen deu a benvida aos participantes e expresou os seus mellores desexos para esta actividade.

“É unha satisfacción ver a alta demanda e interese polos obradoiros culturais no noso concello. Desde a Concellería de Cultura, seguiremos traballando para ofrecer máis oportunidades de formación e actividades de interese que favorezan a participación e o desenvolvemento persoal dos nosos veciños e veciñas”, sinalou.

Entre o alumnado do obradoiro de cociña tamén se atopa, por segundo ano consecutivo, o concelleiro de Deportes e Xuventude, Damián Torea, quen decidiu repetir a súa experiencia como participante.

O obradoiro está a cargo de Samuel Suárez, un cociñeiro con ampla experiencia que dirixirá as sesións semanais. Con iniciativas como esta, o Concello de Muros reafirma o seu compromiso coa promoción cultural e coa oferta de actividades formativas de calidade, que permiten á veciñanza adquirir novas habilidades e gozar de experiencias enriquecedoras.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.