Este venres comezan as actividades da iniciativa Noia sabe aMAR (que inclúen charlas, degustacións, demostracións e exposicións)

28 Novembro 2024

Esta semana a gastronomía galega ten o seu centro de operacións en Noia, grazas á iniciativa Noia sabe aMAR, que se vai levar a cabo entre este venres 29 de novembro e o domingo 1 de decembro na Praza de Abastos da vila. O programa inclúe diferentes degustacións e demostracións gastronómicas (showcookings) para promocionar e potenciar os produtos da ría e da Lonxa local. Tamén haberá varias exposicións relacionadas coas artes de pesca, unha de fotografías de mariscadoras e outra de buques pesqueiros realizados por Domingo Manuel Montes Lestón. As actividades foron impulsadas pola marca Berberecho de Noia, a Confraría de Pescadores de Noia, Turismo de Cultura do Concello, Pescaderías e a Xunta. A axenda comezará este venres cunha proposta paralela ás degustacións e showcookings: un faladoiro organizado polo Concello no Casino as 18:00 horas, baixo o epígrafe Co MAR por diante. As actividades proseguirán ás 20.30 horas con degustacións de bocados de navalla e ameixa a cargo de Diego González.

Outros artigos

Domingo de Ramos, inestabilidade meteorolóxica nas Rías Baixas

As Rías Baixas continuarán baixo a influencia dunha atmosfera inestable o domingo de Pascua, 20 de abril. O ceo permanecerá parcialmente nubrado, con episodios de chuvia intermitente ao longo da xornada. As horas centrais do día presentarán unha menor probabilidade de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Portas xiratorias, interese público”. José Luís Calo

“Portas xiratorias, interese público”. José Luís Calo

España ten moito que mellorar na loita contra a corrupción. O Grupo de Estadoscontra a Corrupción do Consello de Europa (GRECO) publicou dous informes deseguimento que avalían o cumprimento por parte de España das súasrecomendacións para previr a corrupción. O “GRECO”...