As consecuencias do colesterol e como previlo centraron unha nova sesión das Xornadas Sociosanitarias de Outes

29 Novembro 2024

As XIX Xornadas de Información Sociosanitaria de Outes proseguiron este xoves 28 de novembro cunha nova actividade de divulgación: a conferencia Aumento do colesterol: Consecuencias, impartida pola doutora Pilar Mazón Ramos, xefa de Sección do Departamento de Cardioloxía do Hospital Clínico Universitario de Santiago, o CHUS. A conferencia desenvolveuse no salón de actos da Casa da Cultura da Serra de Outes, baixo unha asistencia de mais de 150 persoas.

A coordinación correu a cargo do doutor Xosé Mª Dios Diz, médico especialista de Atención Primaria de Outes.

Ao final do acto, a relatora foi agasallada con unha figura de artesanía feita polos usuarios da asociación inclusiva comarcal ADISBISMUR Valadares (Outes).

A vindeira conferencia vai a ser o 19 de decembro de 2024 co relatorio Hipertensión arterial: Diagnose, tratamento e seguimento, impartido polo doutor Antonio Pose Reino, da Unidade de Hipertensión e Risco Vascular. Servizo de Medicina Interna do CHUS.

Lembrar que o ciclo arrincou o mes pasado coa conferencia Enfermidades da pel. Prevención e tratamento, a cargo do doutor Emilio del Río de la Torre, dermatólogo da Clínica Dermalar.

Máis actividades do ciclo

A axenda cubrirá os meses comprendidos entre outubro de 2024 e maio de 2025 e incluirá un completo programa de conferencias e coloquios sobre as máis diversas cuestións, cada xoves de cada mes ás 18.30 horas na Casa da Cultura de Outes.

O programa está novamente coordinado polo doutor Xosé María Dios Diz, médico especialista de Atención Primaria de Outes, coa colaboración do Concello (Centro Social), da Universidade de Santiago (USC), da asociación inclusiva ADISBISMUR e da Asociación Cultural Terra de Outes, e tamén da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago.

O 19 de decembro celebrarase Hipertensión arterial: diagnose, tratamento e seguimento, da man de Antonio Pose Reino, da Unidade de Hipertensión e Risco Vascular do Servizo de Medicina Interna do CHUS de Santiago.

O 30 de xaneiro de 2025 intervirá o doutor Miguel Ángel Martínez Olmos, xefe do Servizo de Endocrinoloxía e Nutrición da Área Sanitaria de Santiago e Barbanza, co relatorio Diabetes: a epidemia silenciosa.

O 27 de febreiro celebrarase Deporte de saúde, a cargo de Adrián Dios Vicente, presidente da Agrupación Deportiva de Baloncesto Fontiñas e profesor na Facultade de Ciencias Económicas da USC.

O 27 de marzo será a quenda do relatorio Proxecto Xenoma, a cargo do doutor Anxo Carracedo Álvarez, coordinador do Grupo de Medicina Xenómica da Universidade de Santiago de Compostela.

O 10 de abril celebrarase a conferencia Enfermidades abdominais. Calidade de Vida, da man do doutor Manuel Barreiro de Acosta, da Unidade de Enfermidades Inflamatorias Intestinais do CHUS.

A clausura das xornadas celebrarase o 29 de maio, con Envellecemento saudábel, a cargo de Xosé María Dios Diz, médico especialista de AP de Outes.

A organización das xornadas pregan confirmar asistencia e reservar praza a través do teléfono 981 850 575.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.