Arrincan en Rianxo os labores de recuperación do acceso ás Tres Cruces

13 Novembro 2024

O alcalde de Rianxo, Julián Bustelo, supervisou o inicio dos traballos de rehabilitación do acceso ás Tres Cruces e posta en valor do patrimonio natural e cultural do esteiro do Ulla.

A actuación conta cun investimento de 43.190€, IVE engadido, dos cales 38.877,30€ proveñen dunha axuda á que o Concello accede a través da liña de subvencións para o embelecemento do litoral convocadas por Turismo de Galicia no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europeo NextGenerationEU.

As Tres Cruces son un conxunto de cruceiros situados na punta da Braña, na parroquia de Santa María de Isorna, que forma parte do Vía Crucis á beira do río Ulla. É un dos principais destinos dos sendeiristas que acoden ao concello de Rianxo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.