Ambar conmemora na Pobra o Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional

30 Novembro 2024


O vindeiro martes 3 de decembro a Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional conmemorará na Praza Maior Alcalde Segundo Durán da Pobra, o Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional.

A xornada comezará sobre as 10:30h da mañá, e nela realizaranse varios obradoiros de artesanía e xogos populares abertos á comunidade. A través desta acción e trasladando o día a día dos obradoiros que se realizan no Centro de Recursos, Ambar quere visibilizar e conmemorar esta data tan importante. En caso de chuvia, a programación trasladarase ó Pabellos do CEP Salustiano Rey Eiras.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.