Abertas as inscricións no novo programa de Concilia Noia Nadal

18 Novembro 2024

A Concellería de Servizos Sociais e o Centro de Información á Muller de Noia organiza un novo programa de lecer para facilitar no concello a harmonía entre a actividade laboral das nais e dos pais e o tempo vacacional da rapazada. Estamos a falar dunha nova edición do servizo de Concilia de Nadal do Concello de Noia, que vai dirixido a nenas e nenos de 3 a 12 anos dende as 8:00 h ata as 15:00 h. A inscrición pode realizarse a través da sede electrónica municipal ou do rexistro de entrada do Concello. As inscricións están abertas até o 28 de novembro e as prazas son limitadas. A listaxe de admitidos e excluídos publicarase o 13 de decembro.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.