A Xunta recibiu 11 ofertas para a mellora do espazo público viario en Camboño (Lousame)

01 Novembro 2024


A Xunta comunicou a recepción de 11 ofertas para as obras para a mellora do espazo público viario do núcleo de Camboño, no concello de Lousame. A actuación, que suporá un investimento de preto de 385.000 euros enmárcase no Plan Hurbe impulsado polo Goberno galego co fin de axudar ás administracións locais a financiar diferentes tipos de intervencións urbanísticas.

A Xunta engadiu que “a través desta colaboración executaranse as obras de pavimentación deste núcleo de poboación, que inclúen actuacións encamiñadas á mellora estética e funcional deste espazo público empregado a día de hoxe como viario e zona de esparexemento cotiá dos veciños do municipio”.

Na actualidade o interior do núcleo rural de Chousa, O Corral de Arriba e O Corral de Abaixo, pertencente á parroquia de San Xoán de Camboño neste municipio coruñés, presenta “un pavimento de formigón moi deteriorado debido ó paso do tempo e á realización de diferentes reposicións”, engadiron fontes do Goberno galego, apuntando que por estas razóns “executaranse as obras necesarias neste espazo público viario do núcleo rural, nas que se inclúen a substitución do seu pavimento coa mellora dos acabados e do seu aspecto, e a renovación da canalización para a recollida da augas pluviais, a Instalación de tubaxe para o futuro servizo de auga para consumo”.

As obras, incluirá ademais a Instalación de iluminación publica e o soterramento das redes de baixa tensión e telecomunicacións existentes na actualidade no ámbito de actuación.

A Xunta asume o 70% do orzamento desta intervención, preto de 270.000 euros, e contratará e executará as obras. O Concello achega o 30% restante do custe das obras, máis de 115.000 euros; e ademais de redactar o proxecto, incorporará ao patrimonio público municipal as actuacións que se leven a cabo.

Outros artigos

Muros achega campamentos de lecer para rapazada en Semana Santa

O Concello de Muros adiantou detalles do seu Programa Concilia Primavera 2026, dirixido a favorecer nas vacacións de Semana Santa a harmonía entre a actividade laboral das nais e pais e o tempo de lecer da rapazada. Segundo fixo saber o Goberno local (as concellerías...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.