A Pobra afonda cunha actividade formativa nos segredos do reino dos fungos

15 Novembro 2024

O xardín veciñal do centro sociocultural da Ribeiriña segue a dinamizarse cunha nova actividade pensada en exclusiva para o outono: un curso sobre o reino dos fungos. Trátase dunha proposta que lanzan conxuntamente a Concellaría da Participación Veciñal da Pobra do Caramiñal e Agrofloresta Viva para “ensinar á veciñanza sobre o cultivo de diferentes especies de cogomelos. Durante os pasados meses centrámonos noutras plantas e agora, co outono, poñemos o foco no reino dos fungos co obxectivo de que estes agromen nas nosas parcelas, cos conseguintes beneficios en canto a biodiversidade e aproveitamento deste recurso natural. Temos materia prima de calidade no noso mar, pero tamén nos nosos bosques”, explicou a concelleira da Promoción Económica, Amparo Cerecedo.

Esta acción de balde terá lugar no sábado 23, de 10.00 a 14.00 horas, no propio centro sociocultural da Ribeiriña e non require inscrición previa. David Botana e David García impartirán esta actividade que se centrará no king stropharia e no shiitake. Para iso, farán unha introdución ao mundo dos cogomelos, a súa importancia no ecosistema e técnicas para cultivar ambos exemplares na casa como avanzou Ana de Diego, en representación de Agrofloresta Viva.

Este é un paso máis no proxecto de permacultura que se desenvolve no lugar focalizado na rexeneración paisaxística coa implicación da comunidade.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...