A agrupación A Marea de Noia, a través da súa concelleira Chelo Martínez, presentou na mañá deste 20 de novembro o programa de actividades que organiza o grupo para conmemorar o 25N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres.
As actividades da Marea darán comezo ás 12:00 horas do vindeiro luns 25 na Alameda de Noia, onde esta previsto un acto de homenaxe de todas as mulleres vítimas de violencia machista.
Ás 19:00 hrs no edificio do Casino a psicóloga María Pouso explicará a revitimización que sofren as vítimas de violencia machista unha vez que se deciden a denunciar.
A concelleira Chelo Martínez convidou a participar nas actividades, xa que son necesarias para concienciar da necesidade de seguir avanzando en políticas de prevención da violencia machista.




