“A ilusión do Nadal vive en nós”: a proposta do Concello do Son para a axenda festiva das vindeiras festas

29 Novembro 2024

O Concello de Porto do Son compartiu a súa axenda de actividades para este punto de inflexión entre 2024 e 2025: unha ampla e variada programación cultural de Nadal convocada baixo o lema A ilusión do Nadal vive en nós.

O ciclo dará comezo este domingo, 1 de decembro, coa función de teatro infantil Carapuchiña Vermella, que terá lugar na Casa da Cultura de Porto do Son a partir das 18:00 h. Ese mesmo día, a rapazada da vila acenderá o Nadal coa súa maxia. O acendido das luces levarase a cabo na estacada

da fachada marítima, a partir das 19:30 h (o acendido será ás 20:00 h).

O 7 e 14 de decembro serán os días para o Obradoiro de globoflexia, en horario de 11:00 a 13:00, na Biblioteca de Portosín. O 8 de decembro, os máis peques poderá gozar da actuación Os Jalochos, na Casa da Cultura de Porto do Son a partir das 18:00 h.

Xa o 15 de decembro, a veciñanza poderá gozar do Concerto de Nadal A Misela, a partir das 19:30 h na Casa da Cultura de Porto do Son. Esta actuación de A Misela completarase con outra función o día 27 de decembro, a partir das 19:30 h, na Casa da Cultura de Queiruga.

O 20 de decembro será o tempo para o Concerto de Nadal da ESMU de piano e coro, ás 19:00 h, na Casa da Cultura de Porto do Son.

Os días 23, 26, 27 e 30 de decembro e 2 e 3 de xaneiro, terá lugar o Obradoiro Infantil en Porto do Son, Portosín e Xuño. Tamén, na véspera de Noiteboa, o 23 de decembro, o Papá Noel visitará todas as parroquias do municipio.

Para poñer punto e fin ao mes, o 28 de decembro, a rapazada poderá gozar de inchábeis no Pavillón de Santa Irene, de 16:30 a 20:30 h. Un día despois, terá lugar o Concerto de Nadal da BMT Suevia, a partir das 19:00 h na Casa da Cultura de Portosín.

Como guinda do pastel, a programación pecharase coa visita dos Reis Magos ás 10 parroquias do municipio, o 5 de decembro.

O alcalde, Luis Oujo, animou a toda a veciñanza “a participar nesta completa programación de Nadal tan especial, que seguro que deixará momentos inesquecibles e que encherá o noso municipio de maxia”.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.