A Deputación da Coruña aproba o Plan Único máis ambicioso, con 86 millóns para os concellos da provincia

29 Novembro 2024

A Deputación da Coruña celebrou este venres 29 de novembro o pleno ordinario do mes, no que se aprobaron importantes investimentos nos concellos da provincia, entre os que destaca o Plan Único (POS+) de 2025, cun orzamento récord de 86 millóns de euros, que foi referendado por unanimidade da corporación.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, destacou que será “o maior orzamento inicial do POS+ dende a súa creación en 2017 e permitirá que os concellos dispoñan, a partir do 1 de xaneiro de 2025, dun 72% máis de fondos da Deputación para o financiamento de obras, servizos públicos ou programas sociais”, afirmou.

“Comezamos 2024 cun Plan Único de 50 millóns e pechamos o ano cun excelente balance, máis de 100 millóns de euros investidos e 508 obras aprobadas, pero imos iniciar 2025 cunha nova aínda mellor para os concellos da provincia: o Plan Único con maior orzamento inicial da historia desta Deputación”, apuntou o presidente, que incidiu na “contribución fundamental” do POS+ para que os concellos, incluso os máis pequenos, podan executar obras, mellorar as súas infraestruturas, ofrecer servizos municipais de calidade e mellorar a calidade de vida da veciñanza.

Cos fondos dos POS+2025, os concellos poderán abordar actuacións fundamentais en áreas clave como a mellora das infraestruturas públicas, incluíndo mellora de estradas e núcleos rurais e urbanos, sistemas de abastecemento e saneamento de auga, iluminación pública e equipamentos culturais e deportivos. Ademais, parte dos fondos (7 millóns de euros) destinaranse a reforzar os programas sociais municipais que contribúen ao benestar da poboación máis vulnerable.

Formoso sinalou que outro dos aspectos destacados do Plan Único é a súa aposta pola simplificación administrativa, xa que integrou diferentes plans e liñas de financiamento nunha única convocatoria, facilitando aos concellos a xestión dos recursos e reducindo a burocracia. Engadiu que “o Plan Único é o maior plan de obras e servizos das catro deputacións galegas e un dos máis importantes de España, con achegas económicas aos municipios que, ao final do ano, representan entre 90 e 100 millóns de euros anuais, case a metade do orzamento da Deputación da Coruña”.

En 2025, cun orzamento inicial de 86 millóns de euros prevese que o POS+ supere amplamente esa cifra.

Sumando os POS + 2025 +, a AD1/2025 + e a AD3/2025, as asignacións aos nosos concellos quedaría así:

A Pobra do Caramiñal: 699.462,31

Boiro: 1.367.626,74

Dodro: 407.062,68

Lousame: 704.011,03

Noia: 931.078,50

Muros: 862.017,14

Outes: 904.087,04

Porto do Son: 1.015.406,07

Rianxo: 888.986,30

Ribeira: 1.646.437,66

Outros artigos

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.