A Casa da Xuventude de Ribeira acollerá unha xornada de educación canina

15 Novembro 2024

A Casa da Xuventude de Ribeira vai acoller unha xornada de educación canina a cargo da Asociación Peludonia e o Concello (Concellería de Benestar Animal). A actividade presentouse nas instalacións da Casa da Xuventude, onde se vai a impartir a xornada, Participaron Antía Alberte xunto con José Manuel Buceta da dita asociación. Impartirase o vindeiro 29 de novembro de 17:00 a 20:00 h e para informarnos e facer a inscrición haberá que facelo na propia Casa da Xuventude de Ribeira ou escribindo ao correo electrónico a xuventude@ribeira.gal.

Segundo fixeron saber, as xornadas “pretenden mellorar a comunicación dende o coñecemento e a
comprensión que se acadan cunha comunicación máis fluída, tamén abordaranse a solución de problemas de conduta con adestramento e xogo para corrixilas”. Ensinaranse rutinas de adestramento para os cans e pautas de educación e convivencia. A concelleira animou a toda a veciñanza interesada a acudir a esta xornada que será para un máximo de 50 persoas e tamén falou das dinámicas da Casa da Xuventude “que está aberta a propostas de asociacións e como non, dos mozos e mozas do concello”.

Pola outra banda, José Buceta falou dos temas a desenvolver na xornada e tamén contextualizou sobre a situación dos cánidos: “Pretendemos concienciar sobre a situación actual, estamos demandando unha especie un cambio evolutivo; hai vinte anos os cans vivían amarrados nunha cadea e agora lles estamos pedindo que saian tres veces ao día, que se comporten ben, que non
ladren para non molestar e que se leven ben con outros cans. Estámoslles pedindo un cambio evolutivo moi grande, un salto evolutivo realmente”.

Buceta, para rematar, argumentou que dende a asociación teñen un novo método de traballo partindo da base de que o adestramento tradicional “queda corto” na actual demanda da sociedade e basean o seu método no coñecemento e no estudo do comportamento canino e pretenden, a parte de concienciar sobre esa educación que é necesaria, levala á práctica nun espazo axeitado que teñen acondicionado na propia asociación.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.