Os bombeiros interveñen nun accidente con tres coches implicados e dúas persoas feridas en Ribeira

18 Novembro 2024

Un dos feridos quedou atrapado no interior dun dos coches implicados.

De aí, a intervención dos equipos especializados para a excarceración, como foron os efectivos do parque comarcal de Ribeira e os membros do Grupo Municipal de Emerxencias.

Todo derivou dunha colisión con tres vehículos implicados preto do Hospital do Barbanza (AC-550, punto quilométrico 104), en Ribeira. Como consecuencia do impacto, que se produciu pasado o mediodía, dúas persoas, que viaxaban no mesmo vehículo, resultaron feridas. Unha delas, mesmo necesitou a axuda dos equipos especializados para poder saír do coche e recibir a asistencia médica correspondente. Así, foi trasladado, xunto co outro ferido, ao Hospital do Barbanza, onde seguirán cos coidados pertinentes.

Quen se encargaron dos traslados foron os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, mentres que os axentes de seguridade, neste caso da Policía Local e da Garda Civil de Tráfico, ocupáronse da reorganización da circulación e da recollida de toda a información relacionada co accidente.

Chegaron a activarse os efectivos do Parque de Bombeiros de Boiro, pero entre o equipo de Ribeira e do Grupo Municipal de Emerxencias lograron rescatar ao ferido atrapado.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.