Unha fronte chegará a Galicia na segunda metade do día, nubrándose os ceos durante a mañá e con precipitacións que se irán xeneralizando pola tarde, de intensidade moderada na franxa atlántica. As temperaturas mínimas experimentarán lixeiros ascensos, mentres que as máximas sufrirán un descenso quedando sobre os 20 graos na costa.
Os ventos soprarán de compoñente sur moderados, rolando a noroeste fortes no litoral pola noite segundo vaia pasando a fronte.

O noso mar: Vento do sur á mañá, do sudoeste á tarde e do noroeste á noite, forza 4 a 5. Forte marusía. Visibilidade boa á mañá e regular á tarde e á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0.5 a 1.5 metros á mañá e á tarde e 1.5 a 2.5 metros á noite.
Cámaras web da comarca (algunha pode nun funcionar puntualmente)
- Coroso directo _ Santa Uxía de Ribeira
- Praia de Balieiros directo- Corrubedo
- Praia da Ladeira directo- Corrubedo
- Praia das Furnas directo. Porto do Son
- Praia Aguieira directo.Porto do Son
- Portosín. Porto do Son
- Sálvora. Santa Uxía de Ribeira
- Pobra do Caramiñal directo. A Pobra
- Centro Náutico do Freixo
- Praia de Carnota
- Praia de Corón Vilanova de Arousa
- O Grove



