Volve a Noia o proxecto Aula nas Ondas con cinco centros educativos participantes

24 Outubro 2024

Este curso 2024-2025 a rapazada de Noia vai poder sacar o talento comunicativo e xornalístico que leva dentro grazas a unha nova edición (a segunda xa) do proxecto Aula nas Ondas, iniciativa concibida para achegar o mundo da radio aos máis cativos e promovida pola Concellería de Educación e Radio Líder Noia.

A través de diferentes actividades semanais, traballarase novamente a expresión oral en lingua galega mediante entrevistas a persoas recoñecidas dentro do ámbito cultural, deportivo e social da contorna noiesa. Os propios alumnos/as seleccionarán ao entrevistado/a e prepararán a entrevista na aula para, posteriormente, entrevistar á persoa convidada nos estudios de Radio Líder Noia.

As actividades da nova edición serán todos os mércores lectivos ás 12:00 h.

Os persoeiros entrevistados e os alumnos dos centros educativos participantes serán os protagonistas diante dos micrófonos de Radio Líder Noia.

Despois das boas cifras de participación da convocatoria do curso pasado, o Concello e Radío Líder confirmaron que nesta nova edición haberá máis alumnos participantes, de centros educativos ordinarios e non ordinarios, con estudantes de terceiro de Primaria a segundo de Bacharelato.

En concreto participan os seguintes centros educativo e as seguintes asociacións inclusivas: Jaime Balmes, María Assumpta, IES Campo de San Alberto, IES Virxe do Mar, Misela e A Creba.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.