Santiago Llovo presentou o libro “A salga en Cee e Dumbría”

11 Outubro 2024

O xornalista Santiago Llovo, un dos grandes expertos da actualidade na nosa rica historia pesqueira, conserveira e mariñeira, presentou en Dumbría, este xoves 10 de outubro o seu libro A salga en Cee e Dumbría. Interviñeron na presentación (acompañando ao escritor) a alcaldesa de Cee, Margot Lamela, o conselleiro do Mar da Xunta de Galicia, Alfonso Villares e a directora de Andavira Editora, Lucila Ventoso.

A publicación versa sobre o mar, as súas xentes e os seus costumes. Emprázase nas vilas mariñeiras destas dúas localidades (Cee e Dumbría), nas que a salga eran centros de actividade empresarial e familiar. Supón, en palabras do conselleiro, unha aposta pola defensa, valor e visibilidade do patrimonio histórico mariñeiro pre-industrial desenvolvido ao redor das fábricas da sardiña destes dous concellos da comarca de Fisterra.

Segundo destacou Villares, Santi Llovo recolle con gran mestría este material que permanecía agochado nos arquivos públicos, e fíxoo coa vista posta en preservar para as xeracións futuras as lembranzas dos maiores, poñendo nome e apelidos a cada unha das pedras relacionadas coa etnografía industrial desta actividade espallada pola beiramar desta zona do litoral galego.

Supón unha obra de investigación excepcional baseada na memoria colectiva da contorna desta comarca. Neste territorio houbo ata 20 grandes fábricas de sardiña e un número indeterminado doutras máis pequenas. De todas elas quedan moi poucos vestixios, de aí a importancia deste traballo para recuperar a memoria desta importante actividade: orixes, propietarios, embarcacións mercantes asociadas, infraestruturas de apoio ou produtos comercializados.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...