“Que alguén mo explique, porque de contradicións vou cheo” – Antón Luaces

14 Outubro 2024

A ver se son quen de explicalo: o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación -que sempre vai ligado á Agricultura, como se a Pesca non soubera ir soa polo mundo mundial- salientou a importancia da pesca costeira artesanal (a baixura) e remarcou: “é sostible e garante o desenvolvemento das zonas costeiras”. É dicir: é unha das frotas máis sostibles e mantén a estrutura social e económica de moitas zonas costeiras. Esta modalidade de pesca permite manter a poboación destes pequenos núcleos e a súa frota é a que menos emisións xera en relación coa súa actividade.

Representa só o 4% do total de consumo de combustible e xera o 10% dos ingresos  totais da frota española.

A máis do dito e só para refrescar memorias, compre engadir que a frota desta modalidade de pesca é unha das máis avellentadas de España cunha media de 39 anos fronte aos 25 do resto. A española é unha frota que se estrutura maiormente coma artesanal. O 71% dos buques ten unha eslora inferior aos 12 metros  e operan no caladoiro nacional. Ten un mercado nacional e opera preto dos seus portos base. Ten un marcado carácter local: aporta ao mercado produtos frescos que son subhastados na lonxa para o seu consumo nos fogares e a hostelaría.

A pesca artesanal costeira representa  perto da terceira parte dos pescadores españois e resulta vital para cumprir cos obxectivos da Axenda 2030 para o desenvolvemento sostible. Por este motivo dáse por feito que vai ter un papel protagonista no decurso da terceira Conferencia de Nacións Unidas sobre os Océanos que se vai celebrar en Niza en xuño de 2025.  

Con todo este recoñecemento do valor da pesca artesanal, pregunto inocentemente: cal é o motivo polo que, tanto o Goberno como a Xunta de Galicia, apostan a cabalo gañador pola eólica mariña que, saben perfectamente, vai afectar negativamente a ese segmento de frota que din defender e que, ao igual que os eólicos, desenvolve a súa actividade na proximidade da costa?. 

Do pacto sobre a fauna mariña, a avifauna e rutas de  emigración xa se derivan advertencias sobre ese tipo de xeradores que alteran os fondos mariños a causa da cimentacion das turbinas fixas ou da ancoraxe no caso das frotantes, e polo despregamento do cableado, afectación da dinámica de sedimentación e erosión costeira e o alto nivel pola corrosión polo medio salino, e efectos sobre a navegación e os recursos pesqueiros. 

Cales son, logo, os beneficios da eólica mariña para o sector pesqueiro?.

O tan debatido POEM (Plans de Ordenación do Espazo Marítimo) marca como obxectivo a instalación de entre 1 e 3 GW de potencia a finais desta década. Acadar os 3 GW supón instalar uns douscentos xeradores nos case 5.000 quilómetros cadrados de alto potencial para parques eólicos nos que na práctica a frota costeira tería prohibida ou moi limitada a súa entrada para poder pescar. 

Válelle a pena á Xunta e ao Goberno sacrificar por esa produción da eólica mariña na demarcación noratlántica unha frota como a costeira española, nomeadamente a que faena no caladoiro cantábrico-noroeste, un dos mais afectados polas previsións gobernativas?.  

Outros artigos

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

+

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.