Os socialistas din que Noia precisa dun plan de choque para a dinamización local

18 Outubro 2024

Fran Pérez, voceiro do Grupo Municipal do PSdG de Noia, denunciou nun comunicado a situación da estrutura económica de Noia, que, segundo di, “está gravemente deteriorada”, e “é preciso poñer de xeito inmediato un plan de dinamización do sector económico”, engadiu.

Respecto do marisqueo, un dos piares clave do tecido produtivo local, sinalou que “leva varias campañas consecutivas cun rendemento moi baixo (de 20 millóns de euros no 2019 a menos de 2 millóns no 2023) e este ano as expectativas tampouco son boas”. O problema, explicou, é que este sector incide de xeito directo e negativo noutro dos piares da nosa economía, dentro do sector servizos, o comercio, que xa de por si está inmerso nunha reestruturación en todos os sentidos (internet, áreas comerciais, etc..)”.

Indicou que o sector secundario está “practicamente desaparecido da estrutura económica da vila” e que “asociado ao devandito atópases a incapacidade do Goberno local de crear un só metro de solo industrial, cando en concellos limítrofes se está traballando en segundas e ata terceiras fases de desenvolvemento de polígonos industriais, o que con leva que a implantación de empresas, xa sexan locais ou de fora, se realicen nestes outros concellos limítrofes”.

Todos estes factores, indicou, “crean unha tormenta perfecta, que está rematando definitivamente coa economía local”. Sinalou que o Concello non “é quen de poñer en marcha unha soa medida, nin de establecer un plan estratéxico que sexa capaz de frear esta tendencia”. E engadiu: “Non dispoñemos dunha oficina de desenvolvemento local, atendida por un ADL debidamente dedicado a está función (hai emprendedores de Noia, que intentan ser atendidos pola oficina de Outes), elemento básico de desenvolvemento e emprendemento”.

Tamén criticou que Noia non participe na Rede Provincial de Coworking, que subvenciona a Deputación, presentes en Concellos coma Boiro, Brión e Ames e que funcionan con “moi bos resultados como incubadoras de empresas e posta en marcha de novos proxectos de emprendemento”.

Igualmente dixo que “non se convocou a mesa de comercio no último ano nin unha soa vez, nin se puxeron
en marcha os prometidos bonos comercio, nin dispoñemos dun plan de ocupación de locais comerciais”.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.