Os obradoiros de artesanía continúan na Pobra co traballo da madeira no mes de outubro

07 Outubro 2024

A veciñanza da Pobra do Caramiñal aprende xa a dar diferentes formas e utilidades á madeira dentro do programa formativo Feito coas túas mans que promove a Concellaría da Participación Veciñal.

SonAgasallo imparte durante todo o mes de outubro este curso no local de Santo Isidro. Xa no mes de novembro será a quenda de crear xabóns grazas a Flow de Meiga, na Angustia.

O conxunto de talleres busca dinamiza-los centros socioculturais da localidade ao mesmo tempo que ofrece alternativas de lecer fóra da época estival, xera comunidade, potencia a creatividade das persoas asistentes e pon en valor o oficio artesanal. Esta serie de accións artesanais de balde xa se iniciaron nos pasados meses con cestaría a cargo de La Parabólica, no Campiño, e de Capixuta, na Ribeiriña; macramé con Noites de Datura, no Camiño Ancho; e cerámica con Raposiñas, no muíño da Ponte Barbanza.

As prazas xa están cubertas totalmente dende a presentación do programa no mes de abril.

Outros artigos

Falece un home tras ser atropelado en Cee

Un home faleceu esta mañá tras ser atropelado na VG-1.4, ao seu paso pola parroquia de Toba, en Cee. O accidente produciuse no quilómetro aproximado 4 da vía. Un particular contactou co 112 Galicia ás 07:45 horas para informar do atropelo. Segundo indicaba, a vítima...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.