O Concello do Son contribúe con sesións informativas á regularización das persoas inmigrantes

23 Outubro 2024

Porto do Son e Portosín acolleron este mes de outubro (o venres 18 na Casa da Cultura de Porto do Son e o luns 21 na Casa da Cultura de Portosín) cadansúas sesións informativas sobre procesos de regularización para persoas inmigrantes impartidas por Tania Castro, asesora xurídica en materia de inmigración

As sesións abeiráronse ao Servizo de Asesoramento Xurídico para Persoas Inmigrantes e foron organizadas pola Área de Benestar Social do Concello.

O obxectivo concreto destas xornadas foi “informar, asesorar e acompañar ás persoas estranxeiras sobre os trámites e normas relacionadas co regulamento da situación de residencia, co obxecto de favorecer a integración sociolaboral e garantir o acceso aos seus dereitos”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.