O Concello de Dodro organiza unha excursión a Santos de Cerdal (Valença)

25 Outubro 2024

O Concello de Dodro organiza no mes de novembro unha excursión á Feira anual de Santos de Cerdál, en Valença, Portugal, que é con toda seguridade a feira anual máis importante do Noroeste peninsular e de cantas se celebran nas dúas beiras do Miño (a cifra de expositores adoita andar a rentes do medio milleiro). A excursión celebrarase o vindeiro 1 de novembro e, segundo confirmou o Concello, “poderán asistir todas as persoas empadroadas en Dodro”. As inscricións cómpre facelas no teléfono 981 802 466. As prazas son limitadas.

Outros artigos

Volve co Samaín o Claustro do Terror no Concello de Noia

Tras o éxito do ano pasado, regresa o II Claustro do Terror, que volverá converterse nun dos grandes protagonistas do Samaín de Noia. Novamente as persoas participantes terán que resolver un crime no Consistorio, e a resolución virá acompañada dun ambiente axeitado...

+

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.