O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a contratación dun arquitecto/a técnico/a

11 Outubro 2024

O Concello de Boiro convoca un proceso selectivo para a confección dunha bolsa de emprego para o nomeamento de arquitectos técnicos como funcionario interino. O prazo de presentación de solicitudes abrirá o luns e será de dez días hábiles.

O proceso selectivo será mediante oposición libre e as persoas aspirantes deberán cumprir unha serie de requisitos como estar en posesión do grao universitario de arquitecto técnico ou equivalente; ademais de aqueles requisitos xerais para o acceso ao emprego público tales como non ter sido despedido mediante expediente disciplinario do servizo de ningunha administración pública; estar en posesión das capacidades ou aptitudes para o desenvolvemento do posto; estar en posesión do CELGA 4 e permiso de conducir B.

As funcións do posto de traballo van consistir na elaboración de orzamentos técnicos e económicos dos proxectos municipais; elaboración de informe sobre o estado de obras; preparación de valoracións ou certificacións de obra; dirección, inspección recepción de obras; fiscalización de edificación privada; entre outras.

As instancia para formar parte deste proceso deberán presentarse no Rexistro Xeral ou sede electrónica do Concello de Boiro no prazo de dez días hábiles a contar dende o vindeiro luns. As bases e toda a información sobre o proceso selectivo está dispoñíbel na web municipal.

Outros artigos

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.