“Matria” proxéctase en Boiro este domingo 27

24 Outubro 2024

Esta fin de semana proseguen en Boiro as proxeccións do Ciclo de Cine Mestre Mateo, organizado pola academia galega para levar as producións galardoadas nos Mestre Mateo a toda a xeografía galega, neste caso a Boiro. A nova cita será este domingo 27 de outubro ás 19.30 horas no Centro Social de Boiro. Proxectarase un dos grandes éxitos de público e crítica do cinema galego recente: Matria, de Álvaro Gago, protagonizada por María Vázquez e a ribeirá Susana Sampedro. Centro Social de Boiro.

O Ciclo de Cine Mestre Mateo vén da man da academia galega e da Deputación da Coruña.

Matria, rodada en galego e cun elenco galego, foi obxecto de mancheas de recoñecementos, e en webs como Filmaffinity aparece no posto número 5 das preferidas polo público na colleita deste 2023.

Sinopse (Galipedia)

Ambientada nunha vila mariñeira galega, a trama segue a difícil situación de Ramona, unha muller traballadora que loita por manterse a flote. Segundo María Vázquez “Matria reflicte a vida dunhas mulleres moi fortes e poderosas, pero con pouca autoestima. Manteñen a industria na zona das Rías Baixas e tamén coidan da súa familia e da familia dos demais para que estes poidan traballar”.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...