Máis de 300 persoas solidarízanse contra o cancro na cuarta edición da andaina sonense da AECC

28 Outubro 2024

O Concello de Porto do Son, a delegación sonense da AECC (Asociación Española Contra o Cancro) e a veciñanza de Porto do Son volveron sumar forzas para conmemorar o Día Internacional da Loita Contra o Cancro da Mama.

Fixérono en dúas quendas, primeiro o pasado xoves 23 con actividades reivindicativas na estacada da Fachada Marítima de Porto do Son (baixo o lema oficial da AECC: O rosa é máis que unha cor) e segundo coa cuarta edición da andaina solidaria local (Porto do Son en Marcha Contra o Cancro) deste domingo 27 de outubro, na que participaron máis de 300 persoas, incluídos o alcalde e máis a conselleira de Política Social, a ribeirá Fabiola García, aos que se sumaron (tamén) as e os integrantes da comunidade Amicos, entidade inclusiva do Barbanza.

A andaina contou ademais coa implicación de empresas locais como Frutas Prego, que se adheriu á causa solidaria encargándose de subministrar o avituallamento para as/os camiñantes que participaron na marcha.

Novamente a recadación destinarase integramente á AECC para reforzar o seu traballo de investigación e divulgación. O percorrido solidario, de case catro quilómetros, comezou no paseo marítimo da localidade e continuou ata o Faro de Cabeiro, volvendo despois ao punto de partida.

Lembrar que no marco da marcha, a conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, e o alcalde de Porto do Son, Luis Oujo, asinaron un convenio de colaboración para a realización de obras de mellora da seguridade no Centro de Día para persoas maiores do concello. A Xunta de Galicia financiará con 50.000 euros o peche do perímetro da parcela na que se asenta o inmóbel. O Concello encargarase de contratar e executar os traballos, que consistirán na construción dun muro de formigón de arredor de 60 centímetros de altura. Ademais, instalarase un portal para o acceso rodado e peonil dotado de videoportero na entrada principal á parcela. Explicaron que esta intervención súmase a outras realizadas neste Centro de Día, sendo unha das mais recentes a construción dunha marquesiña que cubre o acceso ao inmóbel e que protexe aos usuarios do servizo cando chegan e saen.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

“El arte y la necesidad de pensar”. José Castro López

Ricardo de la Cierva publicó en los años ochenta el opúsculo titulado Cómo ampliar micultura. ¿Qué puedo hacer?, que escribió con el objetivo de ofrecer una guía prácticapara construir una cultura personal que no consiste solo en adquirir conocimientos, sinoen...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.