En Santiago aparece morta unha muller no seu piso

12 Outubro 2024

Unha muller apareceu morta, tirada no chan, no seu domicilio, en Santiago de Compostela, un inmoble situado no número 64 da rúa Cancelas, moi preto do centro comercial As Cancelas.

Foi un parente da vítima o que descubriu o corpo da muller. Como non dera contactado con ela, desprazouse á vivenda e atopouna tirada no chan, ferida e con moito sangue. Inmediatamente alertou ao 112, que enviou á Policía Nacional e mais a unha ambulancia medicalizada. Os sanitarios trataron de reanimar a muller, pero xa non puideron.

Tras practicar as dilixencias oportunas, o xuíz ordenou o levantamento do cadáver, que foi trasladado para lle practicar a autopsia. O resultado serán clave para esclarecer o ocorrido e poder determinar se se trata dun crime ou a muller faleceu por un accidente.

A Policía, que recolleu probas na vivenda, abriu unha investigación. Segundo lle confirmaron á Radio Galega fontes policiais, non se descarta ningunha hipótese.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...