Na primeira semana de outubro deu comezo o curso de novas tecnoloxías para os maiores de Dodro, impartido por de Amigos de Galicia ao abeiro do programa Mellor acompañad@s, iniciativa creada co obxectivo de proporcionar formación dixital e atención psicolóxica ás persoas maiores en situación de soidade, fomentando o seu envellecemento activo, así como o seu sociabilización.
Os obradoiros lévanse a cabo na Casa da Cultura este mes de outubro en diferentes datas. O curso de dixitalización pretende axudar a veciñas e veciños maiores, de 65 anos, a realizar trámites básicos como usar o teléfono móbil, os caixeiros do banco, ou pedir citas médicas a través da aplicación móbil do SERGAS.