Denuncian o estado absoluto de abandono da mina San Finx

31 Outubro 2024

Ecoloxistas en Acción xunto coa Confraría de Pescadores de Noia e outros colectivos sociais e ambientais veñen de denunciar o “estado total de abandono das instalacións da mina San Finx, en Lousame”, cuxa situación de deterioro quedou patente, din, durante a vista celebrada este 31 de outubro no Xulgado de Instrucción de Noia, logo que que declararan ante a Xuíza os peritos chamados pola acusación popular: o hidrólogo estadunidense Steven Emerman e o biólogo Santos Cirujano.

Unha recente visita de inspección por parte dos peritos confirmou “un escenario dantesco”, sinalaron as ditas entidades, que denuncian o “cero mantemento das instalacións desde que no inicio deste ano a empresa fora sancionada por vertidos ilegais, levando á anulación da autorización de verteduras outorgada poucos meses antes así como ao inicio do procedemento de declaración de caducidade das concesións mineiras”. Un proceso que, advirte Ecoloxistas en Acción, “vénse desenvolvendo de xeito totalmente opaco, impedindo o acceso á información pública e o personamento das entidades ecoloxistas e comunidades de montes titulares dos terreos”.

Os ecoloxistas indican que na sesión deste 31 de outubro quedou claro que “a mina continúa vertendo augas contaminadas con altas concentracións de cadmio, cobre e cinc, sen ningún tipo de tratamento, así como estado decrépito das escombreiras, balsas de decantación e da antiga presa de lodos de formigón, que Emerman indicou corre o risco de sufrir unha falla catastrófica con consecuencias difíciles de predicir para a ría de Muros e Noia e o esteiro do Tambre, zona da Rede Natura 2000, que está a tan só 7 km augas abaixo das instalacións”.

As preguntas feitas polas acusacións populares puxeron o foco na responsabilidade da empresa por non adoptar medidas para impedir ou minimizar a contaminación, e o avogado da Confraría de Noia insistiu na necesidade de que “a xustiza impuxese á mineira, e subsidiariamente á administración, actuacións cautelares para frear os vertidos constantes, que se estiman en case 50.000 litros por hora”. Estas medidas inclúen a instalación de comportas nas galerías de desaugue, o selado das entradas de auga, a retirada dos residuos da escombreira (cumprindo o plan de restauración aprobado en 2009) e a demolición da presa de lodos de formigón, previa retirada dos lodos que almacena.

Pola súa parte, Ecoloxistas en Acción censura especialmente á Xunta de Galicia por “manter paralizado o expediente para a retirada dos residuos e demolición da presa” e non volver impor sancións por vertidos á empresa mineira,” a pesar de que estes se continúan producindo 24 horas do día, 365 días do ano”, sinalaron.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...