Comeza a campaña “Un outono cheo de letras” da Deputación da Coruña

07 Outubro 2024

Co título Un outono cheo de letras iníciase esta semana unha nova edición da campaña coa que a Deputación da Coruña, a través da Área de Normalización Lingüística, quere “celebrar a paixón lectora e subliñar o seu compromiso co fomento da lectura e do libro en galego”. Segundo fai saber a Deputación, a campaña vén cunha marcada vertente participativa e tecnolóxica: “Nela, a cidadanía é unha vez máis protagonista, xa que o cancelo #UnOutonoCheodeLetras servirá de novo para espallar os contidos e o lema da campaña a través das redes sociais”.

Toda persoa que se sume aos valores en prol do libro e a lectura desta iniciativa, facendo interacción co material difundido desde as propias redes da Deputación, entrará no sorteo de dez bonos-libro. Cada un destes bonos está valorado en 100 euros.

As persoas gañadoras poderán empregar estes bonos na libraría da provincia da Coruña que libremente elixan. En edicións anteriores, as persoas gañadoras fixeron efectivos os seus bonos en librarías de Cambre, Zas, Santa Comba, Sada, Noia, Oleiros, Santiago de Compostela, Carballo ou na propia cidade da Coruña, entre outros municipios.

Con #UnOutonoCheodeLetras o ente provincial salienta o seu “firme apoio ás persoas e empresas que se comprometen diariamente no traballo neste sector, un sector cun forte peso simbólico e económico, e historicamente clave no proceso de normalización lingüística”.

A Deputación engade que “esta campaña dá visibilidade a unha área, a do libro, coa convicción de que os libros e a lectura melloran o pensamento crítico e as habilidades de comprensión das persoas; tamén coa certeza de que o mundo dos libros nos expón a novas ideas e proporciona unha comprensión máis ampla do mundo”.

#UnOutonoCheodeLetras destacará ademais os distintos premios cos que a Deputación fomenta a creación na nosa lingua e o fomento da lectura, como é o caso dos certames Torrente Ballester de narrativa, Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil, González Garcés de poesía, Rafael Dieste de teatro ou Manuel Murguía de ensaio.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.