Colle impulso Tahume X, o obradoiro de emprego conxunto de Ribeira e O Son

14 Outubro 2024

Comeza a coller impulso definitivo a décima edición do Obradoiro de Emprego Tahume, impulsado polos Concellos de Porto do Son e Ribeira para fomentar a empregabilidade da veciñanza da contorna e cuxa concesión foi confirmada o pasado verán pola Xunta. Virá con dúas especialidades: Actividades auxiliares en conservación e mellora de montes e Traballos de carpintaría de moble. Segundo confirmou o Concello de Porto do Son, nos vindeiros días a Oficina de Emprego vai realizar o filtrado de persoas candidatas para participar no Obradoiro Tahume X.

A etapa de formación en alternancia coa práctica profesional terá unha duración de 9 meses, que tamén estará dirixida á aprendizaxe, cualificación e adquisición de experiencia profesional. Desde o inicio da súa participación no obradoiro dual de emprego, o alumnado-traballador será contratado pola entidade promotora na modalidade de contrato para a formación en alternancia, polo que percibirá unha retribución equivalente ao 100% do salario mínimo interprofesional incluída a parte proporcional dunha paga e media extraordinaria.

As persoas interesadas en participar deben estar inscritas como demandantes de emprego e ter os seus datos actualizados, polo que vos recomendamos que o comprobedes na Oficina de Emprego.

Os códigos sobre os que se vai a realizar o filtrado, e que deben constar na demanda de emprego, son:

320: Escolar taller programas

330: Casa de Oficio

340: Taller de emprego

370: Outros programas de emprego formación dual

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.