Boiro acomete as obras para a reforma e mellora do Mercado Municipal

24 Outubro 2024

O Concello de Boiro está a executar as obras para a reforma do Mercado Municipal de Boiro. O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Comercio, Formación e Emprego, Roberto Lojo, visitaron esta tarde a praza para coñecer como se están a desenvolver as obras.
As actuacións, dun importe de 145.657 euros teñen como finalidade unificar a imaxe do Mercado Municipal. “O que buscamos con esta actuación é mellorar a sinaléctica dos comercios e a iluminación do espazo para que sexa máis atractivo o producto”, afirmou o concelleiro. Estase a levar a cabo o cambio de luminarias, o pintado do falso teito segundo a tipoloxía do local, a colocación de mamparas e elementos decorativos; así
como a homoxeneización dos rótulos dos diferentes postos, un requisito xa disposto no regulamento do propio mercado municipal.
As obras estanse a acometer durante as tardes co obxectivo de non perxudicar a actividade normal dos praceiros. “Para este goberno o Mercado Municipal é estratéxico para fomentar o comercio local pois é un
polo de atracción para veciñanza de toda a comarca que fai as súas compras na nosa praza de abastos e nos nosos comercios. Imos seguir traballando para melloralo e dotalo de mellores servizos”, recoñeceu o
alcalde.
As actuacións estanse a levar a cabo mediante unha subvención do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, financiada con fondos Next Generation EU para a modernización do Centro Comercial Aberto de Boiro dun importe de 237.641 euros. Ademais da reforma do Mercado Municipal, leváronse a cabo outras accións para a promoción do comercio local como son atopan a implantación de sistemas de recollida e reciclaxe de envases, a instalación de puntos wifi e de recarga de vehículos eléctricos, posta en marcha de bonos para o comercio, formación en marketing dixital e posicionamento SEO para os negocios e outras actividades para a promoción do comercio.

Concello Boiro

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...