A Pobra afonda no universo valleinclaniano con moita dramaturxia e unha presentación literaria especial

22 Outubro 2024

As XXVI Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán deixan unha semana máis numerosas actividades na Pobra do Caramiñal. Nestes días sucédense funcións teatrais dirixidas exclusivamente á comunidade educativa, pero tamén hai oferta cultural para o público en xeral.

“Como se constata na axenda deseñada para esta semana, non só queremos facer fincapé na vixencia do pensamento e da arte do literato entre o público adulto, tamén queremos que as novas xeracións se acheguen ao seu legado. Por iso teremos nestas xornadas accións dirixidas á secundaria e á primaria. E, ademais, levamos a cabo propostas para conmemorar o centenario da versión definitiva de Luces de bohemia“, sinalou a concelleira da Cultura, Patricia Lojo, quen quixo agradecer o interese da comunidade educativa no programa de actos coa súa asistencia e a reserva das datas por parte das compañías para estar na localidade.

O alumnado do IES tivo unha sesión exclusiva de Luces de bohemia, de MyH Producciones, no luns 21, ás 11.30 horas, no Elma. E tamén hai teatro para o alumnado dos CEP Salustiano Rey Eiras e Pilar Maestú Sierra. Teatro Cachirulo levará á escena Farsas, no mércores 23 e no xoves 24, ás 11.30 horas, no Teatro Cine Elma.

Xa no venres 25 introducirase o público pobrense na Flor de Santidad: Historia milenaria, de Ramón del Valle-Inclán, cunha edición facsímile a cargo de Olivia Rodríguez Tudela, profesora da Universidade da Coruña, quen estará acompaña polo editor, Quique Alvarellos Casas. Esta obra foi recoñecida polo Ministerio de Cultura co segundo premio ao facsímile mellor editado en España en 2023. Será ás 20.00 horas, na sala de iconografía do Museo Valle-Inclán.

A dramaturxia tamén chegará co formato dun itinerario teatralizado con moito humor por espazos valleinclanianos da Pobra con A vila na que as pariu! Cen anos das Luces de bohemia de Valle-Inclán, da man de Teatro Enpunto, no sábado 26, a partir das 12.30 horas. O punto de encontro establécese no Cantón da Leña.

E Cardume Teatro representará Las galas del difunto… e outros esperpentos, no teatro cine Elma, ás 19.30 horas do domingo 27.

Tódalas citas son de acceso libre e de balde.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.