A Pobra acolle actividades formativas audiovisuais coa Asociación Cultural Alberto Romero

16 Outubro 2024

O auditorio da Biblioteca Municipal da Pobra do Caramiñal albergará dúas actividades formativas audiovisuais dirixidas á rapazada de entre 7 e 18 anos que imparte a Asociación Cultural Alberto Romero. O obradoiro de guión e interpretación terá lugar nos sábados 19 e 26 de outubro, mentres que o taller para a creación propia de películas chega nos sábados 16 e 23 de novembro. O horario é das 12.00 ás 13.30 horas.

Máis información e reservas no enderezo electrónico info@albertoromero.org ou no teléfono de contacto 981107906.

A Concellaría da Cultura colabora con esta iniciativa co afán de “introducir a rapazada no mundo audiovisual, non só aparecendo diante das cámaras, senón tamén aprendendo sobre todo o proceso creativo e técnico que hai detrás da creación dunha peza. Este tipo de accións potencian a súa imaxinación ao tempo que aprenden sobre unha forma de expresión artística contemporánea e de comunicación”, explicou a edil Patricia Lojo.

O prazo de inscrición para participar no IX Certame de Curtas Alberto Romero permanece aberto ata o día 28 de febreiro de 2025. Establécense as categorías escolares, diversidade funcional, Barbanza Arousa e libre, que repartirá 1800 euros en premios no total. Bases completas na web da Asociación Cultural Alberto Romero.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.