A oferta formativa cultural da Pobra engade clases de retratos pictóricos

15 Outubro 2024

O curso 2024-2025 conta con novidades na oferta formativa cultural da Pobra do Caramiñal. A partir do vindeiro mes ofrecerase a oportunidade de aprender a pintar retratos da man do artista Andrés Bernal.

Este xénero pictórico impartirase nos luns e nos mércores, a partir do 4 de novembro, na Casa da Cultura Raquel Fernández Soler. O horario é de 10.00 a 12.00 horas.

O importe a pagar é de 50 euros ao mes por dúas clases semanais, mentres que se sitúa nos 30 euros ao mes por unha aula semanal.

A Concellaría da Cultura colabora con esta acción formativa no ámbito da arte para “incorporar novidades á oferta formativa cultural dos vindeiros meses. Temos as habituais clases de pintura a cargo de Paola García e Aida López, e, a maiores, poderemos especializarnos no retrato con Andrés Bernal. A casa da cultura transcende así o papel de espazo de exposición, para se reforzar tamén no de creación”, en palabras da edil Patricia Lojo.

Máis información e inscricións na propio Casa da Cultura Raquel Fernández Soler ou no teléfono de contacto 981831545.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.