
O Cabido da Confraría de Pescadores de Carreira e Aguiño vai organizar unha xornada conmemorativa o vindeiro 19 de outubro con motivo da celebración do centenario da entidade. Será ás 10.00 horas na Casa do Mar de Aguiño e a xornada estará presidida polo patrón maior da confraría, José Antonio Santamaría Sampedro.
Os actos incluirán un seminario que se vai desenvolver baixo o epígrafe As confrarías de pescadores como modelo para un ordenamento da pesca na Galicia do século XXI. Ademais, está programado un acto institucional presidido polo patrón maior e outras autoridades para celebrar o centenario da institución. Está previsto descubrir unha placa conmemorativa na fachada da sede da confraría en recoñecemento aos socios e socias fundadores/as ás 17.00 horas da devandita xornada do 19 de outubro.





