A ABE presenta a súa candidatura aos Premios do Comercio Galego

29 Outubro 2024

A patronal boirense (ABE) vén de presentar a súa candidatura a edición de 2024 dos Premios do Comercio Galego na categoría de Premio Comercio Dinamización na que competirán con asociación e federacións de toda a comunidade.

O obxectivo destes galardóns que outorga a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración é “recoñecer o labor dos profesionais do sector comercial e contribuír á súa difusión como panca para o desenvolvemento económico e social das vilas e cidades galegas”.

A ABE presentou o proxecto de dinamización comercial Bonos ABE Moito máis que unha moeda, no que se pon en valor os diferentes usos da moeda de uso interno da patronal que pode utilizarse como tarxeta agasallo, aguinaldo de Nadal, como premios de campañas e do sistema de fidelización, ademais de ser medio habitual de intercambio en accións de labor social e colaboración con outras entidades.

A convocatoria enmárcase na aposta da Xunta por un sector comercial forte, moderno e competitivo capaz de adaptarse ás novas tendencias e ás demandas das persoas consumidoras dada a súa importancia como xerador de riqueza e emprego, así como vertebrador do territorio.

Para avanzar neste obxectivo, cómpre engadir que se está a elaborar o Plan estratéxico do comercio de Galicia 2025-2030 da man dos axentes implicados, no que tamén participa a ABE que estivo presente na xuntanza sectorial da provincia da Coruña.

Outros artigos

O Porto do Son recibe a súa sexta Bandeira Verde

O Concello do Porto do Son recibiu este 21 de outubro a súa sexta Bandeira Verde de Galicia, un recoñecemento ao compromiso municipal coa protección da paisaxe, a conservación do patrimonio natural e o coidado do medio ambiente. A tenente de alcalde, María José...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.