Volven a Noia es Escolas Deportivas (inscricións a partir do mércores 11)

05 Setembro 2024

Regresan as Escolas Deportivas Municipais de Noia a disposición da veciñanza, organizadas polo Concello. A nova edición das Escolas vén ademais cunha novidade: a inclusión no programa do baile deportivo (no ximnasio do IES Campo de Santo Alberto). O prazo para formalizar a solicitude de inscrición estará aberto a partir do mércores 11 de setembro para pilates; do 12 de setembro para ximnasia terapéutica, ximnasia postural e ximnasia de mantemento; e do venres 13 de setembro para step, ioga e baile deportivo. A solicitude poderemos realizala no rexistro de entrada do Concello ou da sede electrónica municipal, a partir das 9:00 horas do día de comezo da inscrición. Cada solicitante poderá como máximo inscribir a dúas persoas. Máis información na oficina de Deportes do Concello (981 37 77 03) e na sede electrónica.

Outros artigos

A Pobra foi este mércores unha proclama contra as violencias machistas

Con motivo do 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, os xardíns Valle-Inclán acolleron na tarde deste mércores unha concentración para manifestar o rexeitamento a todas as formas de violencia machista e expresar o apoio e a solidariedade coas vítimas. O...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

Cuenta Eduardo Infante en su libro Filosofía en la calle que, mientras explicaba un díala metafísica de Aristóteles en el instituto, advirtió que los alumnos tomaban notas ensus cuadernos. Pero al fondo de la clase estaba una chica sentada junto a una ventanaque no...