Os Bombeiros de Boiro sufocan un incendio nunha parcela en Aguiño

14 Setembro 2024

Os bombeiros do parque Provincial de Boiro recibiron este sábado 14 de setembro, arredor das 6.24 horas, un aviso no que se lles informaba dun lume na rúa Falcoeiro, na parroquia de Aguiño, no concello de Ribeira. Á súa chegada ao lugar, o persoal da agrupación comprobou que o incendio se orixinara na zona de xardín onde se atopaban unha mesa, unha grella e onde había, ademais, un punto de almacenamento de leña. A zona axardinada estaba situada próxima a vivenda, polo que as chamas afectaron á fiestra e á persiana da vivenda.

Tras realizar a valoración inicial, os bombeiros procederon a sufocar o lume facendo uso, para iso, dunha liña de auga.

Outros artigos

Boiro sumou forzas contra o cancro cunha cadea humana no centro da vila

A Asociación Española conta o Cancro de Boiro conmemorou na tarde deste sábado 17 de outubro o Dia Mundial da Loita contra o Cancro de Mama, que se celebra o 19 de outubro, cunha gran cadea humana e a realización dun lazo na rúa peonil de Boiro. Durante estes días o...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

“Eu tamén quixen bailar coma Javi” – Fernando Sarasketa

Foto de Javi Bermúdez na Sala Real Acababa de chover e Javi empuxoume con firmesa coas dúas mans para poñerme debaixo dunha pingueira. Unha pinga conxelada caeu serteira no meu lombo pasando áxil a rentes da caluga e da camiseta, sen tocalas. “Agora xa sabes o que se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.