O pregón da Protectora Moura dá a benvida á edición 2024 das Festas do Nazareno 2024

13 Setembro 2024

Do 13 ao 16 de setembro, A Pobra do Caramiñal está inmersa no Nazareno, declarada Festa de Interese Turístico de Galicia. Catro intensas xornadas con numerosas propostas de lecer para tódolos públicos que comezou co pregón a cargo da Protectora Moura dende o balcón da Casa Consistorial, a cal estivo representada por catro voluntarias da entidade e Brandon, un can á espera dunha familia no centro de recollida de animais abandonados que acaba de ser adoptado. Sumouse ao pregón unha manchea de persoas que se animaron a asistir a este acto acompañadas das súas mascotas.

Dende o Concello optouse por servir así de altofalante para un colectivo que leva 16 anos defendendo aos animais mediante a protección e rescate daqueles en situación desfavorecida ou de desamparo, ademais da xestión e seguimento das adopcións, como ben explicou o alcalde, José Carlos Vidal, na súa intervención. Un labor cuxo motor, segundo destacou Vidal, é a compaixón: “O amor por excelencia porque non espera nada a cambio. É un amor desinteresado. Unicamente se trata de dar, de axudar a quen máis o necesita, neste caso, aos animais. Se hai algo capaz de facer milagres é a compaixón. Non hai poder nin forza máis poderosa.” Vidal quixo tamén agradecer o traballo da comisión de festas.

Iria Pérez, presidenta de Moura; Natalia Brión, secretaria; María José Casais, voluntaria; e Tania Rivas, coordinadora das redes sociais; quixeron agradece-lo apoio do conxunto da sociedade e os avances que se produciron en materia de benestar animal ao longo dos anos no municipio a través, por exemplo, da creación do centro de recollida de animais abandonados.

“É un traballo duro. Día a día sucédense os avisos e as peticións de axuda. Vemos moitas veces cousas terribles e, en ocasións, rematamos a xornada cansas e a piques de tirar a toalla, pero sempre o esforzo paga a pena e as cousas boas pesan moito máis na balanza ca as cousas malas. Por iso seguimos aquí: para darlle voz a quen non a ten e para procurarlles finais felices a todos e cada un dos nosos protexidos”, manifestou a presidenta de Moura. Un deles é Brandon, un pastor alemán de 10 anos. Na súa vida previa permaneceu oito anos atado a un poste co mínimo para sobrevivir ata que, dous anos e medio atrás, chegou á protectora. E esta historia ten un final feliz: nuns días irá coa súa nova familia.

No remate, como xa é tradición, procedeuse coa sinatura no libro de honra do Concello e a entrega do agasallo institucional: nesta ocasión, un raposo de cerámica dada a natureza da asociación.

A vertente relixiosa destes festexos estará protagonizada pola procesión votiva das mortallas que sairá, ás 10.30 horas, do domingo 15, dende a igrexa de Santiago do Deán. A presenza de artistas locais como Maneiro e Human, o tributo a Michael Jackson ou as orquestras Olympus e París de Noia son unha mostra da variedade e calidade do apartado lúdico dunha celebración que servirá para despedi-la época estival e que terá como colofón o espectáculo combinado de drons, de Flock Drone Art, e fogos de artificio ao compás da música, o primeiro destas características en toda Galicia, no luns 16, festivo local.

Outros artigos

A Pobra foi este mércores unha proclama contra as violencias machistas

Con motivo do 25N, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, os xardíns Valle-Inclán acolleron na tarde deste mércores unha concentración para manifestar o rexeitamento a todas as formas de violencia machista e expresar o apoio e a solidariedade coas vítimas. O...

+

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

Cuenta Eduardo Infante en su libro Filosofía en la calle que, mientras explicaba un díala metafísica de Aristóteles en el instituto, advirtió que los alumnos tomaban notas ensus cuadernos. Pero al fondo de la clase estaba una chica sentada junto a una ventanaque no...