O PP de Ribeira reclama máis acción contra as pragas de roedores e insectos

18 Setembro 2024

Os populares de Ribeira, a través dun rogo do concelleiro Eladio Muñiz Muñiz, achegaron unha proposta relativa aos problemas de desratización en diferentes espazos do concello. Segundo explican, “nestes últimos meses podemos falar dunha falta de xestión xeneralizada no noso municipio que leva a desencadear en desencontros diarios coa veciñanza en canto ao mantemento, á falta de limpeza ou a ese incremento sen control de zonas verdes en todas as parroquias; mais neste caso hai algo que neste grupo nos preocupa
especialmente, e é que levamos recibidas nas últimas semanas numerosas queixas pola falta de desratización e pola ausencia total do servizo de control de pragas”.

No rogo din que “este problema desemboca na aparición de cascudas dentro de establecementos e vivendas” e “o que nos parece máis grave de ratas e roedores en garaxes, rúas e incluso vivendas que levan demandado en ocasións a solución a ese problema”.

O grupo di que estas incidencias están acontecendo en todas nas parroquias así coma no casco urbano, onde mesmo se puido ver unha rata morta durante días en plena rúa sen que ninguén fose a recollela e sendo notificado a varios concelleiros persoalmente pola veciñanza. “Estamos ante un feito moi grave porque atenta contra a saúde e salubridade das persoas e a limpeza e a convivencia dos barrios onde vivimos”, sinalan, engadindo que “hai liñas vermellas que non se poden consentir e, dende logo, esta é unha delas”.

Para o PP de Ribeira, “a boa limpeza, a roza e un servizo de control de pragas axeitado e efectivo debe ser de vital importancia para manter a harmonía de convivencia diaria nos noso barrios e nas nosas parroquias”.

Pregan entón o seguinte: “Que se leve a cabo unha política implacábel e rigorosa en canto ao control de pragas e desratización”, “que se incremente a vixilancia nos puntos de aparición de pragas de puntos reiterados para previr que poidan incrementarse as incidencias” e “que selles preste máis atención aos temas que teñan que ver coa saúde e a salubridade das persoas, así como tratar con máis sensibilidade a atención directa ás mesmas que dirixan queixas neste ámbito de actuación”.

Outros artigos

Convocado o II Concurso de tapas Rois nun bocado

Tapas na Taberna Angueira O Concello de Rois organiza a segunda edición do Concurso de Tapas Rois nun bocado!, unha iniciativa que busca poñer en valor a creatividade gastronómica da hostalería local, promocionar os produtos do municipio e dinamizar a súa vida social....

+

Boiro volve acadar o distintivo Bandeira Verde de Galicia

O Concello de Boiro renova o distintivo de Bandeira Verde de Galicia, un galardón que premia aos municipios da comunidade autónoma que destacan polas súas boas prácticas ambientais e de protección e conservación da paisaxe. A concelleira de Medio Ambiente, Olga...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

O Goberno Vasco vén de mercar ao fondo de investimento Blackstone unhas 510 vivendas con destino a alugueiros sociais para familias vulnerables. Estas noticias son as que realmente contribúen ao cumprimento do Dereito á Vivenda, recollido no artigo 47 da Constitución...

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

“E veu. Daqueles pos, estas lamas” – Antón Luaces

O Sur de Europa, todo está no Sur: España foi a primeira, Francia a segunda e Italia a terceira. E todo parte dunhas protestas cidadáns que se xustifican nos baixos salarios laborais, nos altos/altísimos prezos do alugueiros das vivendas e a inseguridade ou...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.