No marco do dispositivo de seguridade elaborado de cara a celebración das Festas da Guadalupe 2024 que comezan este venres 13, o Concello de Rianxo habilitou 3.000 prazas de estacionamento adicionais que se veñen a sumar ás preto de 2.000 xa existentes. Ademais, habilitáronse a maiores preto de medio cento de prazas para persoas con mobilidade reducida no entorno máis inmediato da praza de Castelao, lugar onde se celebrarán as verbenas. O Concello engadiu que tamén se verá reforzado o transporte público estando en funcionamento a totalidade dos taxis do concello e, ademais, o sábado 21 reforzaranse as liñas de autobús.
Sábado 12, con nubes e claros e temperaturas en ascenso
O sábado, día do Pilar e Festa Nacional de España, persistirá certa inestabilidade atmosférica .Con esta situación, agárdanse ceos con intervalos de nubes e claros, con algúns chuvascos, máis probables canto máis ó oeste e pola mañá. As temperaturas experimentarán un...