O Concello de Porto do Son achega unha ducia de cursos nas súas Escolas Deportivas 2024-2025

17 Setembro 2024

O Concello de Porto do Son compartiu o programa anual das Escolas Deportivas, que teñen a data de comezo fixada para este 30 de setembro e que ofrece novamente unha axenda diversa e descentralizada que achegará actividades en media ducia de parroquias: O Son – Santa Irene, Portosín, Miñortos, Queiruga, Caamaño, Xuño e San Pedro).

As inscricións poderemos facelas dende o 30 de setembro (presentando o modelo de solicitude ao monitor ou monitora) máis cada actividade terá a inscrición aberta durante todo o ano e até o remate do curso en 2025. A axenda inclúe actividades de predeporte, acrobacias, baile moderno, mantemento de maiores, pilates, cross training, biking, total training, zumba, atletismo, ioga e circuit training.

Novamente, coma nas edicións previas, unha parte do programa foi concibida para achegar hábitos deportivos e saudábeis para a poboación sénior do concello, a través dos cursos de mantemento de maiores.

Podemos solicitar máis información no correo deportesdoson@gmail.com ou a través do teléfono 981 76 77 58.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.