O Concello de Noia pon en marcha unha canle de comunicación cidadá en Whatsapp

25 Setembro 2024

O Concello de Noia engadiu unha nova canle ao seu conxunto de ferramentas de comunicación dixital: unha canle propia de Whatsapp coa que estreitar a relación coa cidadanía e tela ao tanto das novidades relativas á actividade municipal. O obxectivo é achegar comunicacións de “xeito rápido e sinxelo”. O Concello explica que para recibiren todos os avisos importantes os veciños só teñen que acceder á páxina de Whatsapp e activar a campá de notificacións, o que fará que “non se perdan ningunha información imporante do concello”.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...