O Concello de Boiro oferta unha actividade de mantemento físico nas Escolas Deportivas Municipais

25 Setembro 2024

O Concello de Boiro, no marco das Escolas Deportivas Municipais para o curso 2024/2025, oferta este ano unha nova actividade de mantemento físico para persoas maiores de 18 anos.

Os principais obxectivos desta actividade van ser mellorar a condición física (forza, resistencia, flexibilidade…), axudar a previr lesións, reducir o estrés a a ansiedade e adquirir hábitos de vida saudábeis. Vanse impartir dúas clases á semana con distintas actividades tales como circuítos de forza, pilares, steps, xogos aeróbicos….

Mantemento físico desenvolverase os luns e xoves en horario de 21.00 a 22.00 horas e as inscricións poden formalizarse xa no Departamento de Deportes do Concello de Boiro, de maneira presencial na Casa da Cultura de Boiro, no enderezo electrónico deportes@boiro.org ou no teléfono 981 84 84 25.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.