O 1 de outubro abre a campaña do libre marisqueo na Ría de Arousa

25 Setembro 2024

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Marta Villaverde, mantivo un encontro con representantes
das confrarías da ría de Arousa para analizar os resultados das mostraxes realizadas polos técnicos do Centro de Investigación Mariñas (CIMA), dependente da Consellería do Mar, nos bancos de libre marisqueo. O obxectivo era valorar xunto co sector a situación que presentan na actualidade así como decidir cal data era a máis axeitada para retomar a actividade extractiva. Así, analizados os datos recadados decidiuse retomar a actividade extractiva nos bancos de Os Lombos do Ulla, Bohído e Cabío a partir do 1 de outubro co compromiso de avaliar a situación aos 15 días do seu comezo, segundo as capturas rexistradas.
Na xuntanza, enmarcada no modelo de cogobernanza coa que a Xunta aborda a xestión pesqueira en Galicia, ademais de representantes de confrarías da Ría tamén participaron as direccións territoriais de Pontevedra e Coruña da Consellería do Mar, membros de Gardacostas, o técnico do CIMA responsable dos traballos de mostraxe así como o presidente da Federación de Confrarías de Pontevedra, José Manuel Rosas. Durante a
reunión púxose en valor a mellora do stock de ameixa babosa de talla comercial en Bohído respecto as mesmas datas do 2023 e aínda que Os Lombos non presenta uns resultados óptimos, tomouse a iniciativa de incluír a súa apertura para velar polo equilibrio económico e social desta actividade pesqueira.
Os topes establecidos por tripulante e día nas distintas especies son, no caso de Bohído de 2 quilos de berberecho, 3 quilos de ameixa babosa así como de carneiro, 1 quilo de ameixa rubia ao igual que de ameixa bicuda e 0,5 quilos de ameixa fina. En Cabío son cifras idénticas salvo no caso da ameixa babosa que é de 2 quilos, na ameixa rubia que alcanza os 4 quilos, 5 quilos de carneiro e inclúe a extracción de reloxo ata un tope de 25 quilos diarios. Por último nos Lombos poderase extraer 3 kg de berberecho, 4 quilos de ameixa xaponesa e 0,5 quilos de ameixa fina diarios.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...