Noia celebra este sábado 21 a súa andaina solidaria contra o cancro

20 Setembro 2024

Este 21 de setembro celébrase en Andaina Solidaria Noia en Marcha Contra o Cancro, organizada pola delegación local da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) e máis o Concello.

A andaina está fixada para este sábado con saída ás 17.00 horas dende a Alameda. O percorrido será de tres quilómetros, e será circular: comezará na Alameda e rematará no mesmo punto.

O prezo será de 8 euros para persoas adultas e de 5 euros para nenos e nenas de até 12 anos (inclúe camiseta solidaria).

A recollida de dorsais e camisetas efectuarase o 21 de setembro en horario de 11.00 a 16.30 horas, tamén na Alameda.

A organización sinalou que ao remate da andaina haberá sorpresas para as persoas participantes.

Estes son os establecementos de Noia onde se pode adquirir a camiseta da camiñada: Atleet Casais, Atmósfera Sport Noia, Clavel, Anelos, Federópticos Larrondo, Tejidos Lamas, Calzados Monchel, Zapatería Viñas, Luma, Joyería Petisco, Mundiart, Lencería María Durán, Rosita Moda, Pillados Moda, Zapatería Versalles, Chepi, Pisa Morena, Optica Ollos, Floristería El Jardín, Bazar Marucha, Carola, Cocoella, Calefaccións Gavi, Óptica Boavista e Mi casa.

Na Serra de Outes a camiseta pódese mercar en Deco-lar, na Floristería A Xerra e no Kiosko Pimpiniño.

Outros artigos

Sábado 12, con nubes e claros e temperaturas en ascenso

O sábado, día do Pilar e Festa Nacional de España, persistirá certa inestabilidade atmosférica .Con esta situación, agárdanse ceos con intervalos de nubes e claros, con algúns chuvascos, máis probables canto máis ó oeste e pola mañá. As temperaturas experimentarán un...

+

Nova imaxe institucional do Concello de Muros

O Concello de Muros presentou esta tarde a súa nova imaxe corporativa e institucional, unha nova marca que reflicte os elementos máis representativos do concello e o seu forte vínculo co mar.Nun acto para o tecido asociativo e o conxunto da veciñanza celebrado no...

+

Presentación do IV Open Corrubedo de Spinning Galicia

O vindeiro 26 de outubro teremos esta cuarta edición de pesca con cana organizada polo clubSpinning Galicia. Na presentación estiveron o segundo tenente de Alcalde, Francisco Suárez-Puerta, oconcelleiro de Deportes, Xabier Vidal, o concelleiro de Mar, Fernando...

+

Premios da Cultura Galega 2024

O xurado dos Premios da Cultura Galega 2024 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Emerxencia social” – José Manuel Pena

“Emerxencia social” – José Manuel Pena

Segundo o último informe do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) e os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE), entre os meses de abril e xuño do ano en curso, executáronse 5.874 desafiuzamentos por falta de pagamentos de alugueiro e uns 469 por execucións...

“El Teatro y los días”. Alberto Barciela

“El Teatro y los días”. Alberto Barciela

El teatro es espejo de la vida o de las costumbres, se aventura como oráculo, o arriesga incluso en vanguardias imprevisibles, en inverosímiles utopías, o no, con sencillez opta por  disimular angustias entre humoradas; por algo más de una hora actúa cual eficaz...