Investigado un veciño de Noia por unha plantación de marihuana na súa leira

22 Setembro 2024

A Patrulla Fiscal e de Fronteiras da Garda Civil de Noia investigou a un home como suposto autor dun delito contra a saúde pública tras localizar unha plantación de marihuana nunha leira anexa ao seu domicilio.

Segundo informou o Instituto Armado, a investigación iniciouse por mor dunha comunicación cidadá anónima que alertaba sobre a posible existencia dunha plantación de marihuana no interior duns invernadoiros na localidade.

Os axentes localizaron a plantación en dous invernadoiros anexos á vivenda do investigado. Tras solicitar e obter autorización xudicial para acceder á leira, constataron a presenza de varias plantas de cánnabis con abundante floración. Procederon á súa talla e traslado a dependencias oficiais, incautando un total de 14 quilogramos de sumidades florais.

Garda Civil

Outros artigos

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.