Incendio de cables eléctricos nunha fachada na rúa Dereitos Humanos, no concello de Boiro

13 Setembro 2024
Dotación de bombeiros do Consorcio Contra Incendios e Salvamento de A Coruña con base en Boiro interviu esta mañá nun incendio eléctrico en rúa do Concello de Boiro. Bombeiros de Boiro

Os bombeiros do parque Comarcal Provincial de Boiro foron alertados ás 11:30  horas desta mañá dun incendio de cables eléctricos nunha fachada na rúa Dereitos Humanos, no concello de Boiro.

Á chegada procedeuse a realizar unha inspección perimetral do lugar, observando os cables estaban a arder o illante e a producirse uns estrondos ao entrar en corto os cables de baixo tensión, véndose afectado un vehículo que está estacionado xusto debaixo do lume. Unha vez feita unha valoración inicial, realizouse un corte de subministración eléctrica.

Os bombeiros apagaron o lume facendo uso dun extintos de Co2, unha vez apagado procedeuse á entrada do edificio para comprobar que os veciños se atopaban ben, os danos e a existencia de gases tóxicos.

Despois de comprobar que non existían danos, realizouse unha pequena limpeza de cascallos e restos existentes na entrada do edificio.

Completaron o operativo a Policía Local de Boiro e o SMPC de Boiro.

Outros artigos

Unha fronte fría deixará chuvias e un descenso térmico este domingo

A nubosidade irá en aumento dende a mañá pola fachada atlántica, con precipitacións máis probables na Coruña, as Rías Baixas e a Mariña As temperaturas máximas experimentarán unha baixada moderada, mentres que as mínimas tenderán a subir A chegada dunha fronte fría...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.