Formoso aposta por investir máis en ciencia, impulsar as renovábeis e a industria e revitalizar o rural

17 Setembro 2024

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, foi un dos participantes no foro Los Retos Económicos de Galicia, organizado por El País en Santiago de Compostela na mañá deste martes 17 de setembro, un evento no que se debateu sobre o estado de presente e futuro da economía galega. Neste contexto, González apostou por incrementar o investimento en ciencia, o impulso das enerxías renovábeis e a industria e a potenciación do rural. Estes, dixo, son os grandes retos de futuro na comunidade autónoma.

Durante a súa intervención, Formoso recoñeceu que Galicia atópase “nun bo momento”, xa que conta “indicadores positivos que amosan fortalezas como o PIB ou a creación de emprego”, sobre todo en eidos como os sectores naval, conserveiro, téxtil, da automoción, das tecnoloxías ou das enerxías. Porén, comentou, malia estas enormes “potencialidades”, Galicia ten ante si uns “retos” aos que é fundamental responder a partir dunha exhaustiva reflexión.

Como o primeiro deses retos, o presidente da Deputación citou ao ámbito do coñecemento avanzado e a ciencia. “É preciso igualar o investimento en I+D como mínimo á media estatal para, así, conseguir o obxectivo de destinar o 2% do PIB nesta disciplina, que é a tendencia na UE”, explicou Formoso, para quen “Galicia necesita potenciar todos os seus sectores a partir desa aposta polo coñecemento, xa que é a base transversal máis necesaria para poder competir nun mundo máis globalizado e innovador”.

González Formoso destacou a transcendental “concienciación da importancia da industria e a enerxía” e recalcou que “é moi difícil ver futuro nun país que aposta só polo turismo e que destina toda a súa forza ao Camiño de Santiago; todo é necesario e relevante, pero a UE marca o camiño do progreso e está baseado na industria e a enerxía”.

Formoso tamén alertou da “perda demográfica”, un reto que “xa está socializado” pero contra o que se debe combater “permitindo que os proxectos se instalen no territorio a partires de incentivos fiscais e cláusulas demográficas”. Ao seu xuízo, “é importante que as empresas poidan prestar desde o rural servizos a toda a comunidade, sen necesidade de estar nos grandes polígonos metropolitanos e tamén establecer beneficios que permitan incentivar o interese das firmas por implantarse no rural”.

Deste xeito, o presidente provincial recoñeceu que Galicia se atopa “nun momento de aposta por parte das administracións, os medios e a sociedade para conseguir que o talento non marche. Non é fácil de reter se non somos capaces de crear marcos de futuro nos que a industria e a tecnoloxía poidan progresar”, matizou Formoso, que recoñeceu o importante “labor dos medios de comunicación para trasladar estas mensaxes á poboación”.

Outros artigos

Sábado 12, con nubes e claros e temperaturas en ascenso

O sábado, día do Pilar e Festa Nacional de España, persistirá certa inestabilidade atmosférica .Con esta situación, agárdanse ceos con intervalos de nubes e claros, con algúns chuvascos, máis probables canto máis ó oeste e pola mañá. As temperaturas experimentarán un...

+

Nova imaxe institucional do Concello de Muros

O Concello de Muros presentou esta tarde a súa nova imaxe corporativa e institucional, unha nova marca que reflicte os elementos máis representativos do concello e o seu forte vínculo co mar.Nun acto para o tecido asociativo e o conxunto da veciñanza celebrado no...

+

Presentación do IV Open Corrubedo de Spinning Galicia

O vindeiro 26 de outubro teremos esta cuarta edición de pesca con cana organizada polo clubSpinning Galicia. Na presentación estiveron o segundo tenente de Alcalde, Francisco Suárez-Puerta, oconcelleiro de Deportes, Xabier Vidal, o concelleiro de Mar, Fernando...

+

Premios da Cultura Galega 2024

O xurado dos Premios da Cultura Galega 2024 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición. A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Emerxencia social” – José Manuel Pena

“Emerxencia social” – José Manuel Pena

Segundo o último informe do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) e os datos do Instituto Nacional de Estatística (INE), entre os meses de abril e xuño do ano en curso, executáronse 5.874 desafiuzamentos por falta de pagamentos de alugueiro e uns 469 por execucións...

“El Teatro y los días”. Alberto Barciela

“El Teatro y los días”. Alberto Barciela

El teatro es espejo de la vida o de las costumbres, se aventura como oráculo, o arriesga incluso en vanguardias imprevisibles, en inverosímiles utopías, o no, con sencillez opta por  disimular angustias entre humoradas; por algo más de una hora actúa cual eficaz...